domingo, 8 de novembro de 2015

PROSTITUCION NA ROMA




 A prostitucion tambien coñecida como o traballo mais vello do mundo na Roma clásica era entendida como un ben social e necesario.

Era exercido no Imperio polos  homes e por mulleres de distinto rango social.
 
Calcúlase que no primeiro século de nosa era podían haber en Roma ao redor das 32.000 persoas que exercían a prostitución.

  Os lupanares (cuxo significado era prostíbulo)  realizaban unha importante función social.

 Os bordeis romanos estaban  pobremente ventilados e iluminados e  presentaban un aspecto asqueroso.

 había unha zona de recepción aberta á rúa, separada por unha cortina; no interior, as prostitutas movíanse vestidas con gasas ou espidas para poder ser inspeccionadas polos potenciais clientes, ou podían estar sentadas en cadeiras ou cadeiras de brazos. Cada unha, dispoñía dunha habitación amoblada cunha cama, xa fose de madeira ou ladrillo. As mulleres anunciábanse segundo a súa especialidade na zona de recepción.





A longo prazo, moitas meretrices eran libertas, así que non só gañarían o suficiente para comprar a súa liberdade, e continuaban no oficio unha vez libres. Outras se convertían en madames e seguían na profesión de maneira indirecta.

 A lei non perseguía ás prostitutas romanas porque non violaban a lei, pero estas carecían de certos privilexios: non podían contraer matrimonio con romanos libres , e tampouco podían redactar testamento nin recibir herdanza.

todos estes datos sábense a dia de hoxe grazas ás  mostras artísticas de Pompeya que proporcionaron exemplos gráficos do que unha prostituta tiña que ofrecer. Mostrábanse actos considerados pola cultura xeral como impúdicos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario