venres, 13 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

 Manuel María

Achégase o dia das letras galegas (17 de maio) e como cada ano homenaxéase a un autoor neste caso é Manuel María Fernández Teixeiro.
Naceu o 6 de outubro de 1929 (A Coruña, 8 de Setembro de 2004) en San Xoán de Outeiro de Rei.
Este poeta, dramaturgo e narrador, naceu o 6 de outubro de 1929 en San Xoán de Outeiro de Rei. Finou o 8 de setembro do 2004 en A Coruña. Iniciou a súa vida cultural e literaria no Lugo da posguerra, onde estudiou o bacharelato, participando nas tertulias do café "Méndez Núñez" con Pimentel, Fole, Piñeiro ou Ánxel Xohan. Con este último fundaría anos máis tarde, no 1952, a colección Xistral de Poesía.
Despois de estudiar Filosofía e Letras en Santiago, onde estableceu contactos coa Xeración Nós, galeguistas composteláns, así como co pintor Maside, quen máis influíu na súa formación (segundo palabras do propio Manuel María), obtén o título de Procurador de tribunais (1957), trasladándose a Monforte para desempeñar o citado cargo.
En 1979 foi elixido concelleiro de Monforte polo Bloque Nacional Popular Galego, pero en 1985 abandonou o seu cargo público e, sen deixar nunca a militancia política, dedicouse por completo á actividade literaria e cultural, asentándose na Coruña. Unha das últimas campañas coas que colaborou foi coa de Burla Negra e a Plataforma Nunca Máis a raíz do desastre do Prestige.
Algunhas obras poeticas:
Muiñeiro de brétemas, Morrendo a cada intre, Terra Cha , Advento , Auto do taberneiro. 4 ventos ,  O camiño é unha nostalxia Cantigueiro do Orcellón, A luz resuscitada,Oráculos para cavalinhos-do-demo,Ritual para unha tribu capital do concello, As lúcidas lúas do outono, Sonetos ao Val de Quiroga


GALICIA PARA MIN


GALIZA



Galicia é para min a miña vida, pois vivo nela desde hai 17 anos. Síntoa como miña, Galicia é o lugar onde crecín, onde teño a miña xente, o é todo. É a miña terra, todo vira contorna a ela, a miña familia, os meus amigos, os meus estudos e o meu futuro traballo. É un lugar que me encanta, é a miña terra e non a cambiaría por nada, pero fáltalle saír dese atraso con respecto a outras zonas de España.


 A min o que máis me gusta de Galicia son as súas paisaxes, a fusión de terra e mar. Destaco a xente e a gastronomía, cómese moi ben.  Gústame case todo de Galicia, deixaríaa tal cal é. As costas de Galicia encántanme, as praias sobre todo. As paisaxes de Galicia, son únicos.

O verde que nos rodea por todos lados, a xente que é peculiar e distinta,  e a cultura en xeral que nos rodea é única e con bastante historia e lendas preciosas.


Cambiaría pouco de Galicia, gústame tal cal é, pero quizais o clima, Cambiaría o clima, máis calor gustaríame, non tanta choiva e tamén que a xente fose máis aberta nalgúns lugares. por outra banda quixese que se deixase de ver a Galicia como algo atrasado, pois creo que está demostrado que non estamos como hai 20 anos e tambien poder quitar eses prexuízos e estereotipos de pailanes que temos e que aqui só hai vacas e peixes, espero que ese pensamento empece a cambiar cara o exterior, xa que Galiza  é o meu fogar e un pobo unido e maxico.

A FESTA DA CASTAÑA

O MAGOSTO

En novembro ten lugar en Galicia o magosto. Sempre se puido celebrar en casa, á beira do lume do fogar, nalgún recuncho do pobo; pero o seu lugar orixinario foi o monte.


En Galicia tamén o celebraban no atrio da igrexa ou na encrucillada do pobo ao pé dun cruceiro.
Celébrase cando ou castaño empeza a dar ou seu froito xeralmente non cambio de estación. Ou magosto consiste en asar ou cocer as castañas.

Ou lume non que se fan as castañas é un dous moitos lumes sagrados dous galegos, e non pódese cuspir nel nin apagalo de golpe: ten de apagarse só, para quencer ás ánimas dúas mortos.

Vos lugares de facer ou Magosto son: ou souto, a eira, ou dentro dá casa, a lareira.

Ou método de asar as castañas consiste en sinalalas para que non estalen, e botarlles leña por riba para que se asen a modiño.

Outra forma das consumir son cocidas (en auga cun pouco de fiuncho ou anís, ou en leite).



A TRADICION DA ARBORE


OS MAIOS



Cando se celebra: entre o 1 e 3 de Maio

celebrase por toda Galicia

A festa dous maios celébrase vos primeiros días de maio e ten como fin festexar a chegada dá primavera.
Chámase ?Maios? a celebración e as representacions que se fan, que consiste en cantar coplas ou diálogos adicados a primavera, aínda que en alguns lugares tamén componse coplas de crítica a certas persoas ou institucions de lugar.

Maio figurativo:
Especie de monumento feito de táboas e cuberto de brión que se decora con flores, follas e ramos verdes.
Maio humano:
Neste caso é representado por un mozo, en ocasions disfrazado dalgún persoaxe popular (non caso de ser unha rapaza, vestida de branco) que é ou xefe do grupo e adórnase con flores, espadanas, herbas aromáticas, follas e as veces cun pau na man.

Maias:
Meniñas e rapazas vestidas de branco, con coroas e arcos de flores que cantan vos Maios facendo ofrendas a algún santo.
Árbore de Maio:
Nalgunos lugares de Galicia colocanse na praza principal unha árbore (ou máis alto que poidan conseguir vos rapaces).

Nos lugares que non celébrase a Festa dá Árbore do Maio, afixese celebrar-a Festa do Ramo, a cal non ten unha data concreta, xa que elixese ou mes con menos festas e polo tanto menos propicio para ou encontro dous xovenes de diferentes sexos.
Organizan esta festa as rapazas duna aldea determinada, que encarganlle a un carpinteiro un ramo composto dun gran pau de madeira do que colganse rosquillas, caramelos, doces e froita.
Todo ou mundo ponse arredor do ramo e elixese un mozo para reparti-os doces (motivo dá maioría dás veces de enfrentamentos entre vos mozos de diferentes parroquias) e fanse un concurso de coplas (regueifas), sendo gañador ou que teña sempre unha resposta cantada a calquer copla que se lle diga ata derrotar ao resto de participantes.
Durante moitos anos na Festa do Ramo estiveron prohibidos báilesvos e a música de pandereitas e gaitas, limitándose a festa dás coplas e doces.
Ademáis destas celebracions acostúmase a regalar ramos de flores a cambio de aguinaldo e a decora-os carros, dás casas e mesmo dás hortas con flores.

SAMAIN


Samain
Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos.
Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos está a volverse a recuperargracias ao traballo realizado nas escolas e en varios concellos de Galicia.  A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as álmas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. 
E a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celtay era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo.
Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.

SAN MARTIÑO



A MATANZA DO PORCO





Unha actividade inseparable da data do San Martiño (11 de Novembro) e das tradicións de comezo do inverno celta, é a matanza do porco, mesmo de grande importancia económica para as familias, polo menos antigamente.

O porco mátase sobre un banco ou similar, suxeitándoo polas pernas namentras o matachín (que pode matar nun mesmo San Martiño máis dunha ducia de porcos en diversas casas) fai o seu cruento traballo. Este é o traballo dos homes.

As mulleres encárganse de recoller o sangue, e de ao ir remexendo para que non calle, e que se ha comer en forma de filloas de sangue ou mesturado con faragullas de pan pasado pola tixola, ou en forma de morcilla. O matachín cando remata fai unha cruz no sangue co seu coitelo.

O seguinte paso consiste ou ben en chamuscar o porco ou escaldalo. Ao tempo se lle arrincas as pezuñas.

O matachín despois raña ben co coitelo toda a pel do animal, para a deixar limpiña, xunto coas orellas, ollos, pes, etc.

O traballo máis complexo é abrir o animal en canle, que se fai no propio banco ou enriba dunha mesa. Sácanselle o unto, as tripas, e todos os interiores, cos que se farán os diversos alimentos, e que van sendo organizados polas mulleres enriba dunha segunda mesa.

Despois cólgase o porco aberto. Ao día seguinte prepáranse para salgadoiro outras partes: raxos, aranguelo, pás, touciño, xamóns, lacóns, cachucha... Aínda que segundo as casas, poden deixar cousas para comer frescas, como o raxo, e mais facer os roxóns.

Se non hai necesidade de que quede todo o produto do porco na mesma casa, as partes que se lles reparten aos veciños que non fan matanza chámanas probas.

A GRAN NEVADA


UNS DIAS PARA ESQUECER

Situámonos no ano 2050, en Galicia, paso algo que lembraremos todos os galegos que o viviramos nas nosas peles, comezou a nevar un 31 de decembro de 2049,cadro na festa de fin de ano e por culpa do estado meteorologico non se puido saír ese dia e gozalo.
A neve non chego a callar. O 1 de Xaneiro de 1997 nevou intermitentemente durante todo o dia e haciendolo con intensidade cara ás 3 da tarde e sobre todo entre as 9 e 10 da noite. A esa hora ceso totalmente a nevada. Ao dia seguinte, dia 2 comezou a nevar cara ás 12 de mediodia e intensificouse sobre as 3 da tarde, hora na que empezo a callar, e non parou de maneira copiosa ata as 6 da madrugada seguinte.
O dia 3 de Xaneiro a cidade da Coruña amenceu cun manto branco de entre 20 e 30 cm dependendo das zonas da capital. Ese mesmo dia nevo intermitentemente ata que ceso por completo ás 5 da tarde.
O dia 4 de Xaneiro a minima foi de -10º,  e o 6 unha minima de -9º, con maximas respectivas eses dias que non superaban 1º con ceo despexado. 
O dia 7 de Xaneiro, a pesar de que habian pasado xa 4 dias da nevada e o sol lucio todos os dias, a neve cubria toda a provincia e os arredores con mais de 15 cm. Ese mesmo dia amanecio na Coruña cuberto e con -9º, e ás 2 da tarde unha impresionante nevada comezou deixando en apenas 2 horas mais de 10 cm e aumentando a cantidade de neve que todavia quedaba da nevada anterior. O dia 7 a maxima non superou os -2, e siguio nevando intermitentemente ata o mediodia do dia 8. Esa mesma mañá do 8 de Xaneiro de 1997 nos campos dos arredores da Coruña a neve chegábame ao xeonllo, uns 50 cm de espesor acumulado.
Foi unha nevada impresionante e que sempre lembrarei. Desde ese ano nevou todos os invernos, pero non con tantisima intensidade e cubrindo todo e cun espesor tan impresionante.






martes, 10 de maio de 2016

ano 2071

O PRIMEIRO HOME GALEGO EN PISAR A LUA


O que parecia imposible e un acto ficticio se convirteu en realidade, Daniel Gomez Castro foi o primeiro galego e español en pisar a lúa xunto aos seus compañeiros espaciais Fernado Seco e khaled (de procedencia marroqui).

  (SECO e D.GOMEZ)

Gallaecian 19 foi unha misión espacial tripulada por Galicia cuxo obxectivo foi lograr que un ser humano volvese camiñar na superficie da lúa. A misión enviouse ao espazo o 11 de xullo de 2071, chegou á superficie da Lúa o 14 de xullo dese mesmo ano e ao día seguinte logrou que 2 astronautas (D.Gomez e Seco) camiñasen sobre a superficie lunar. O Gallaecian 19 foi impulsado por un foguete "Beef V" desde a plataforma LC 37A e lanzado ás 13:32 UTC do complexo de Punta Estaca de Bares, na Coruña (España).

    (punta estaca de bares)

 Oficialmente coñeceuse á misión como AS-500.
Ás 6:35 do 22 de xullo acenden os motores do módulo iniciando o regreso á Terra.
A misión está considerada como un dos momentos máis significativos da historia da Humanidade e a Tecnoloxía.
600 millóns de persoas en todo o planeta presenciaron a aluaxe do gallaecian 19 e nos meses consecutivos o impacto político, mediático e social foi enorme.

 (A terra desde o Gallaecian 19)

 A tripulación do gallaecian 19 estivo sometida a unha apertada axenda de recepcións, desfiles, entrevistas e protocolo de Estado.
O actual presidente do momento nese tempo Pablo Igrexas fíxolles un monumento en memoria deles.

luns, 22 de febreiro de 2016

Basilio Alvarez




A forza do agro




Basilio Álvarez(1877 - 1943)



Basilio Álvarez foi sen dúbidas, unha das figuras máis carismáticas da política galega do século XX. Sacerdote de ordenación tardía e oposto ao celibato (tiña dous fillos, o que lle causou unha suspensión temporal), exerceu o xornalismo e a política agrarista.
Pasou por diversos xornais e publicacións, sendo director do Debate e redactor e colaborador do Heraldo Gallego ou Acción Gallega.
A principios do século xx e preocupado polo caciquismo e os seus abusos en Galicia,
ademais da pervivencia do contrato medieval chamado foro, o sacerdote fundou o movemento político chamado Acción Galega que propugnaba o fin do caciquismo e dos privilexios señoriales no campo, así como dunha modernización das técnicas agrícolas.
En 1915 comeza un achegamento a socialistas e republicanos, estendendo as súas preocupacións ás pésimas condicións de vida da clase obreira.
Foi deputado por Ourense en 1931 e 1933, polo Partido Republicano Radical. Posteriormente abandonaría o partido.
Tras o inicio da Guerra Civil, e sabendo que era branco das represalias dos sublevados, escapa a América, finando nos Estados Unidos en 1943, tras unha vida dedicada á loita contra os abusos de caciques e patróns.
Cabe destacar que Basilio Álvarez nos seus escritos e discursos, non utilizaba a lingua galega, senón o castelán, pero iso non impedía que fose un inimigo do centralismo, aspirando a un estado federal.

As mulleres da PYSBE




As mulleres da PYSBE





PYSBE (Pesqueiras e Secaderos do Bacallau de España) foi unha das empresas máis importantes que se dedicaban á pesca, salgado e distribución do bacallau en España.
En Ferrol, contaban cunha factoría no interior do porto onde gran número de mulleres gañábanse a vida en xornadas longas e duras nas que limpaban, preparaban e envasaban o bacallau, a cambio duns soldos baixos (por mor da discriminación laboral das mulleres).
Outras mulleres, realizaban o complicado traballo da redería, cosendo e reparando as redes dos barcos da empresa que realizaban campañas no mar do norte.

Cabe destacar que todas as mulleres eran cacheadas ao acabar a xornada (por medo aos roubos), sendo isto unha medida vejatoria para un colectivo honrado e traballador. Por outra banda, de cando en vez recibían paquetes con refugallos de peixe como espiñas ou anacos de aletas (en PYSBE comercializábase aceite de fígado de bacallau, filetes, lombos e outros produtos como cabezas ou cocochas) o que permitía alimentar ás súas familias xa que en moitos casos, o escaso soldo destas mulleres era o único que entraba nas casas xa que os maridos de moitas delas morreran durante a guerra ou estaban encarcerados polo réxime franquista e moitas das solteiras, mantiñan a pais e a fillos.
Estas mulleres foron exemplo de traballo, de solidariedade obreira e de dignidade. E aínda que a empresa xa non existe, en Ferrol todos lémbranas.

O PRIMEIRO EN ATREVERSE




Faustino Rey Romeu


Faustino Rey Romeu, nado en Isorna (Rianxo) desde o 27 de outubro de 1921 e finado en Bos Aires ao 20 de decembro de 1971, foi un sacerdote e escritor galego.


 Faustino Rey Romeu, un cura que se dicía "anticlerical" e ao que o pobo definía como "demasiado boa persoa". Foi, probablemente, o primeiro sacerdote que deu misas en galego fóra de Galicia ou, segundo como se mire, na quinta provincia, que é Buenos Aires. Fíxoo de forma habitual, en casorios, bautizos e comuñóns, na parroquia de Balvanera e cabreando ao párroco titular, desde que en 1966 emigrou fuxindo do ambiente hostigador da Igrexa franquista. Non pasara máis que un ano desde a primeira misa en idioma propio que tivo lugar en Galicia, autorización do cardeal Quiroga Palacios mediante, na parroquia das Capuchinas da Coruña. A esta beira do charco, en 1965, os pioneiros foran os curas Manuel Espiña e José Morente, nada máis clausurarse o Concilio Vaticano II.
A Faustino Rey, que foi titular das parroquias de Amorín e Currás, o bispo de Tui, José López Ortiz, dicíalle molesto: "Non sei en que verborrea falas". E polas súas homilías indisciplinadas, as súas críticas ás ditaduras, as súas loas á liberdade, as súas amizades literarias, os seus faladoiros de bar e a súa dobre vida ,terminou recluíndoo no convento do Carmen de Padrón, e logo na súa casa natal de Isorna (Rianxo), sen parroquias ao seu cargo, durante tres anos.

Faustino Rey Romero escribiu fundamentalmente poesía. Destacan as súas obras: Florilegio poético (1949), Doas de vidro (1951), Catro sonetos ó destino dunha rosa (1952), Escolanía de melros (1959), El ángel descielado (1961), A Agoa (1962), Poema das materias sagras (1963), La Angustia ensanchada (1964), Teoría General de la existencia (1968). Escribiu, ademais, os ensaios El trasmundo en la poesía de Noriega Varela e Una fiesta brillante de las letras gallegas: los Juegos Florales de Tui en 1891.



O DESASTRE DO 2002


 O prestige


O 13 de novembro de 2002, o «Prestige» un petroleiro monocasco grego de bandeira de Bahamas e cargado con 77.033 toneladas de fuel, zozobró fronte ás costas galegas, derramando parte da súa carga.

Seis días despois, durante os cales a embarcación foi remolcada mar dentro para evitar que rompese fronte á costa, o «Prestige» partiuse en dous e afundiuse a 246 quilómetros de Fisterra (A Coruña), nunha zona de 3.600 metros de profundidade.

As verteduras alagaron quilómetros de costas españolas no Atlántico e o Cantábrico, chegando incluso Francia e Portugal, no que foi cualificada como unha das peores catástrofes mediambientales.


                                            (o petroleiro afúndese fronte ás costas galegas)


Como afctou esta catastrofe e algunhas solucions

A fauna mariña e as aves sufriron as fatais consecuencias e o sector pesqueiro viuse forzado a paralizar as súas actividades, mentres unha marea de solidariedade, integrada por miles de voluntarios, apoiados por militares, procedían á recollida de chapapote nas praias contaminadas.

Para obstaculizar as fugas de fuel, procedeuse ao selado das gretas do casco do barco, polas que se estimaba saían diariamente unhas 125 toneladas de crudo.


ESPECIES AFECTADAS

   Considerando soamente os réptiles mariños, esporadicamente atópase nas nosas costas cinco especies de tartarugas, destaca a tartaruga boba. No mar de Galicia observáronse 24 especies de mamíferos mariños: 5 focas e 19 cetáceos, 6 son baleas, 2 cachalotes, 2 zífidos  e 9 delfínidos. Os que precisan maior atención son o golfiño mular e a marsopa. No referente aos pequenos cetáceos, as costas de Galicia  representan unha das áreas de Atlántico Norte máis interesantes xa que nelas prodúcense anualmente preto de 200 varamientos destes animais.




 Alguns fragmentos de video do afundimento:


https://www.youtube.com/watch?v=ofJqBBIAQyQ