luns, 22 de febreiro de 2016

As mulleres da PYSBE




As mulleres da PYSBE





PYSBE (Pesqueiras e Secaderos do Bacallau de España) foi unha das empresas máis importantes que se dedicaban á pesca, salgado e distribución do bacallau en España.
En Ferrol, contaban cunha factoría no interior do porto onde gran número de mulleres gañábanse a vida en xornadas longas e duras nas que limpaban, preparaban e envasaban o bacallau, a cambio duns soldos baixos (por mor da discriminación laboral das mulleres).
Outras mulleres, realizaban o complicado traballo da redería, cosendo e reparando as redes dos barcos da empresa que realizaban campañas no mar do norte.

Cabe destacar que todas as mulleres eran cacheadas ao acabar a xornada (por medo aos roubos), sendo isto unha medida vejatoria para un colectivo honrado e traballador. Por outra banda, de cando en vez recibían paquetes con refugallos de peixe como espiñas ou anacos de aletas (en PYSBE comercializábase aceite de fígado de bacallau, filetes, lombos e outros produtos como cabezas ou cocochas) o que permitía alimentar ás súas familias xa que en moitos casos, o escaso soldo destas mulleres era o único que entraba nas casas xa que os maridos de moitas delas morreran durante a guerra ou estaban encarcerados polo réxime franquista e moitas das solteiras, mantiñan a pais e a fillos.
Estas mulleres foron exemplo de traballo, de solidariedade obreira e de dignidade. E aínda que a empresa xa non existe, en Ferrol todos lémbranas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario