luns, 22 de febreiro de 2016

O DESASTRE DO 2002


 O prestige


O 13 de novembro de 2002, o «Prestige» un petroleiro monocasco grego de bandeira de Bahamas e cargado con 77.033 toneladas de fuel, zozobró fronte ás costas galegas, derramando parte da súa carga.

Seis días despois, durante os cales a embarcación foi remolcada mar dentro para evitar que rompese fronte á costa, o «Prestige» partiuse en dous e afundiuse a 246 quilómetros de Fisterra (A Coruña), nunha zona de 3.600 metros de profundidade.

As verteduras alagaron quilómetros de costas españolas no Atlántico e o Cantábrico, chegando incluso Francia e Portugal, no que foi cualificada como unha das peores catástrofes mediambientales.


                                            (o petroleiro afúndese fronte ás costas galegas)


Como afctou esta catastrofe e algunhas solucions

A fauna mariña e as aves sufriron as fatais consecuencias e o sector pesqueiro viuse forzado a paralizar as súas actividades, mentres unha marea de solidariedade, integrada por miles de voluntarios, apoiados por militares, procedían á recollida de chapapote nas praias contaminadas.

Para obstaculizar as fugas de fuel, procedeuse ao selado das gretas do casco do barco, polas que se estimaba saían diariamente unhas 125 toneladas de crudo.


ESPECIES AFECTADAS

   Considerando soamente os réptiles mariños, esporadicamente atópase nas nosas costas cinco especies de tartarugas, destaca a tartaruga boba. No mar de Galicia observáronse 24 especies de mamíferos mariños: 5 focas e 19 cetáceos, 6 son baleas, 2 cachalotes, 2 zífidos  e 9 delfínidos. Os que precisan maior atención son o golfiño mular e a marsopa. No referente aos pequenos cetáceos, as costas de Galicia  representan unha das áreas de Atlántico Norte máis interesantes xa que nelas prodúcense anualmente preto de 200 varamientos destes animais.




 Alguns fragmentos de video do afundimento:


https://www.youtube.com/watch?v=ofJqBBIAQyQ



Ningún comentario:

Publicar un comentario