luns, 22 de febreiro de 2016

O PRIMEIRO EN ATREVERSE




Faustino Rey Romeu


Faustino Rey Romeu, nado en Isorna (Rianxo) desde o 27 de outubro de 1921 e finado en Bos Aires ao 20 de decembro de 1971, foi un sacerdote e escritor galego.


 Faustino Rey Romeu, un cura que se dicía "anticlerical" e ao que o pobo definía como "demasiado boa persoa". Foi, probablemente, o primeiro sacerdote que deu misas en galego fóra de Galicia ou, segundo como se mire, na quinta provincia, que é Buenos Aires. Fíxoo de forma habitual, en casorios, bautizos e comuñóns, na parroquia de Balvanera e cabreando ao párroco titular, desde que en 1966 emigrou fuxindo do ambiente hostigador da Igrexa franquista. Non pasara máis que un ano desde a primeira misa en idioma propio que tivo lugar en Galicia, autorización do cardeal Quiroga Palacios mediante, na parroquia das Capuchinas da Coruña. A esta beira do charco, en 1965, os pioneiros foran os curas Manuel Espiña e José Morente, nada máis clausurarse o Concilio Vaticano II.
A Faustino Rey, que foi titular das parroquias de Amorín e Currás, o bispo de Tui, José López Ortiz, dicíalle molesto: "Non sei en que verborrea falas". E polas súas homilías indisciplinadas, as súas críticas ás ditaduras, as súas loas á liberdade, as súas amizades literarias, os seus faladoiros de bar e a súa dobre vida ,terminou recluíndoo no convento do Carmen de Padrón, e logo na súa casa natal de Isorna (Rianxo), sen parroquias ao seu cargo, durante tres anos.

Faustino Rey Romero escribiu fundamentalmente poesía. Destacan as súas obras: Florilegio poético (1949), Doas de vidro (1951), Catro sonetos ó destino dunha rosa (1952), Escolanía de melros (1959), El ángel descielado (1961), A Agoa (1962), Poema das materias sagras (1963), La Angustia ensanchada (1964), Teoría General de la existencia (1968). Escribiu, ademais, os ensaios El trasmundo en la poesía de Noriega Varela e Una fiesta brillante de las letras gallegas: los Juegos Florales de Tui en 1891.



Ningún comentario:

Publicar un comentario