luns, 22 de febreiro de 2016

Basilio Alvarez




A forza do agro




Basilio Álvarez(1877 - 1943)



Basilio Álvarez foi sen dúbidas, unha das figuras máis carismáticas da política galega do século XX. Sacerdote de ordenación tardía e oposto ao celibato (tiña dous fillos, o que lle causou unha suspensión temporal), exerceu o xornalismo e a política agrarista.
Pasou por diversos xornais e publicacións, sendo director do Debate e redactor e colaborador do Heraldo Gallego ou Acción Gallega.
A principios do século xx e preocupado polo caciquismo e os seus abusos en Galicia,
ademais da pervivencia do contrato medieval chamado foro, o sacerdote fundou o movemento político chamado Acción Galega que propugnaba o fin do caciquismo e dos privilexios señoriales no campo, así como dunha modernización das técnicas agrícolas.
En 1915 comeza un achegamento a socialistas e republicanos, estendendo as súas preocupacións ás pésimas condicións de vida da clase obreira.
Foi deputado por Ourense en 1931 e 1933, polo Partido Republicano Radical. Posteriormente abandonaría o partido.
Tras o inicio da Guerra Civil, e sabendo que era branco das represalias dos sublevados, escapa a América, finando nos Estados Unidos en 1943, tras unha vida dedicada á loita contra os abusos de caciques e patróns.
Cabe destacar que Basilio Álvarez nos seus escritos e discursos, non utilizaba a lingua galega, senón o castelán, pero iso non impedía que fose un inimigo do centralismo, aspirando a un estado federal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario