venres, 13 de maio de 2016

SAMAIN


Samain
Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos.
Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos está a volverse a recuperargracias ao traballo realizado nas escolas e en varios concellos de Galicia.  A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as álmas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. 
E a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celtay era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo.
Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario