venres, 13 de maio de 2016

GALICIA PARA MIN


GALIZA



Galicia é para min a miña vida, pois vivo nela desde hai 17 anos. Síntoa como miña, Galicia é o lugar onde crecín, onde teño a miña xente, o é todo. É a miña terra, todo vira contorna a ela, a miña familia, os meus amigos, os meus estudos e o meu futuro traballo. É un lugar que me encanta, é a miña terra e non a cambiaría por nada, pero fáltalle saír dese atraso con respecto a outras zonas de España.


 A min o que máis me gusta de Galicia son as súas paisaxes, a fusión de terra e mar. Destaco a xente e a gastronomía, cómese moi ben.  Gústame case todo de Galicia, deixaríaa tal cal é. As costas de Galicia encántanme, as praias sobre todo. As paisaxes de Galicia, son únicos.

O verde que nos rodea por todos lados, a xente que é peculiar e distinta,  e a cultura en xeral que nos rodea é única e con bastante historia e lendas preciosas.


Cambiaría pouco de Galicia, gústame tal cal é, pero quizais o clima, Cambiaría o clima, máis calor gustaríame, non tanta choiva e tamén que a xente fose máis aberta nalgúns lugares. por outra banda quixese que se deixase de ver a Galicia como algo atrasado, pois creo que está demostrado que non estamos como hai 20 anos e tambien poder quitar eses prexuízos e estereotipos de pailanes que temos e que aqui só hai vacas e peixes, espero que ese pensamento empece a cambiar cara o exterior, xa que Galiza  é o meu fogar e un pobo unido e maxico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario