venres, 13 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

 Manuel María

Achégase o dia das letras galegas (17 de maio) e como cada ano homenaxéase a un autoor neste caso é Manuel María Fernández Teixeiro.
Naceu o 6 de outubro de 1929 (A Coruña, 8 de Setembro de 2004) en San Xoán de Outeiro de Rei.
Este poeta, dramaturgo e narrador, naceu o 6 de outubro de 1929 en San Xoán de Outeiro de Rei. Finou o 8 de setembro do 2004 en A Coruña. Iniciou a súa vida cultural e literaria no Lugo da posguerra, onde estudiou o bacharelato, participando nas tertulias do café "Méndez Núñez" con Pimentel, Fole, Piñeiro ou Ánxel Xohan. Con este último fundaría anos máis tarde, no 1952, a colección Xistral de Poesía.
Despois de estudiar Filosofía e Letras en Santiago, onde estableceu contactos coa Xeración Nós, galeguistas composteláns, así como co pintor Maside, quen máis influíu na súa formación (segundo palabras do propio Manuel María), obtén o título de Procurador de tribunais (1957), trasladándose a Monforte para desempeñar o citado cargo.
En 1979 foi elixido concelleiro de Monforte polo Bloque Nacional Popular Galego, pero en 1985 abandonou o seu cargo público e, sen deixar nunca a militancia política, dedicouse por completo á actividade literaria e cultural, asentándose na Coruña. Unha das últimas campañas coas que colaborou foi coa de Burla Negra e a Plataforma Nunca Máis a raíz do desastre do Prestige.
Algunhas obras poeticas:
Muiñeiro de brétemas, Morrendo a cada intre, Terra Cha , Advento , Auto do taberneiro. 4 ventos ,  O camiño é unha nostalxia Cantigueiro do Orcellón, A luz resuscitada,Oráculos para cavalinhos-do-demo,Ritual para unha tribu capital do concello, As lúcidas lúas do outono, Sonetos ao Val de Quiroga


Ningún comentario:

Publicar un comentario